Monday 29 de April de 2024

Posponse a charla sobre o Alzhéimer


A área de Benestar do Concello acaba de pasarnos aviso de que se pospón para despois do Nadal a charla sobre o Alzhéimer e outras demencias que ía ter lugar no local social de Lamas o próximo martes 14 de decembro.

A suspensión da xuntanza informativa débese ao baixo número de inscricións recollidas no Concello até este venres, que levaron ao departamento municipal e á entidade a pasar a cita para despois das festas, agardando que para daquela a convocatoria reuna un número mínimo de participantes.
Á volta das vacacións informarase da nova data da charla.